Os parques temáticos urbanos




Os nosos cascos históricos son o que son, co seu caracter e particularidades, con toda a súa beleza, gracias as modificacións que sufriron co paso dos anos. O paso dos séculos foi deixando a súa pegada. O bo persistiu, o malo desapareceu; coma no cine e na música.
Non os convirtamos en parques temáticos doutro século, deben seguir evolucionando; de xeito natural, crecendo coma os seres "vivos" que son...

As normativas de protección das zonas "históricas" das cidades xeralmente inciden na necesidade da utilización de certas tipoloxías construtivas, certos acabados e certas solucións. As veces dando máis ou menos liberdade, ou incluso permitindo a creación de tipoloxías "non tradicionais" baixo solicitudes que supoñen esperas sen fin e tramitacións incribles. Olvidan que a "historia" tamén é o presente.

A riqueza destes espazos consiste exactamente no saber popular. Se ben é certo que este saber se ven pervirtindo dende hai décadas; e de todos é sabido que a especulación e o mal facer de moitos "técnicos" fan necesarios certos límites; mellor é a espontaneidade.
Arriba podedes ollar dous exemplos ben distintos: o primeiro: a ampliación dun edificio proxectada por Manuel Herz en Colonia, evidenciando os séculos que separan a construción orixinal da ampliación. En segundo lugar un edificio "clon", tristemente adicado a imitar unha arquitectura que xa non é: unha fachada de pedra lixeira, forxados de formigón e tella sobre uralita, facendo coma que non pasou o tempo...
E ti, ¿que dis?
Nuestros cascos históricos son lo que son, con su carácter y particularidades, con toda su belleza, gracias a las modificaciones que sufrieron con el paso de los años. El paso de los siglos fue dejando su huella. Lo bueno persiste, lo malo desaparece; como en el cine y en la música.
No los convirtamos en parques temáticos de otro siglo, deben seguir evolucionando; de modo natural, creciendo como seres "vivos" que son...
Las normativas de protección de las zonas "históricas" de las ciudades generalmente inciden en la necesidad de la utilización de ciertas tipologías constructivas, ciertos acabados y ciertas soluciones. A veces dando más o menos libertad, o incluso permitiendo la creación de tipologías "no tradicionales" bajo solicitudes que suponen esperas sin fin y tramitaciones increibles. Olvidan que la "historia" también es el presente.
La riqueza de estos espacios consiste exactamente en el saber popular. Si bien es cierto que este saber se viene pervirtiendo desde hace décadas; y de todos es sabido que la especulación y el mal hacer de muchos "técnicos" hacen necesarios ciertos límites; mejor es la espontaneidad.
Arriba puedes observar dos ejemplos muy distintos: el primero: la ampliación de un edificio proyectada por Manuel Herz en Colonia, evidenciando los siglos que separan la construcción original de la ampliación. En segundo lugar un edificio "clon" tristemente dedicado a imitar una arquitectura que ya no es: una fachada de piedra ligera, forjados de hormigón y teja sobre uralita, haciendo como que no pasó el tiempo...
Y tu, ¿que opinas?
© Todos os dereitos reservados

No hay comentarios:

Publicar un comentario